Un nariz vermello…pensabamos que sería o noso único acompañante nesta viaxe… Empezou alá polo ano 2002… Un pequeño circo itinerante chamado "Troula" Con ese nariz vermello bastábanos para conseguir un sorriso… Pero decidimos facer unha viaxe a mundos que non estiveran na nosa imaxinación: "Convertímonos en piratas para atravesar mares e océanos… Guiados por un extraño faro, adentrámonos na bohème…
Alfonso Vázquez – Asombra Produccións
Maxia e diversión
Os nosos espectáculos
Funcións para nenos e adultos, en auditorios ou en rúas, con escenario ou sen el. Son tantos os nosos espectáculos que os organizamos en tres grandes categorías.
…dende 2002
Dende o pequeno espectáculo infantil… ata a idea máis estrambótica… dende o nariz de pallaso… ata o lume e a escuridade… todo a través do espectáculo… a imaxinación… a creación… Benvidos
O primeiro festival de espectáculos de rúa itinerantes que transforma Pontevedra durante tres días nunha cidade imaxinaria coas propostas de rúa máis imprevisibles.