Troula | Subumbra

Subumbra

CONTIDO

Nas tebras da noite agóchanse seres descoñecidos, deambulan sen rumbo alimentándose da enerxía da escuridade. Baixo o universo das sombras agardan o seu momento para facerse ver, confundindo os nosos sentidos, apoderándose do tempo para xurdir entre a néboa coa sua demencia, delirio e caos infinito, amosando o gran poder que lles da a escuridade. Baux, personaxe zancudo que guía entre as sombras os seus súbditos. Blame, dende o seu trono, xenera o ambiente de caos a través da percusión e os seus temas de estilo hardcore. Dous seres da escuridade “Lobisome” e Nosferatu”, con ansias se apoderarse das almas que invaden o seu espazo, percorren os camiños encadeados. Rex e Xuno pechan esta comitiva das sombras, aportando chispas, luz e lume ó percorrido. … coidado… nunca sabes que podes atopar na SubUmbra…

DIRIXIDO A

Todos os públicos.

MATERIAL

Estructura ornamentada de 3m de altura con set de percusión 1800W de amplificación Pequena pirotecnia (carretillas, bengalas, surtidores) Material específico dos personaxes (zancos, antorchas, agua de lume, vestiario, caracterización,…)

PERSOAL

Un zancudo | Un percusionista (batería) | Catro personaxes de a pé (Lobisome e Nosferatu dous personaxes manexando a pirotecnia e porteando o carro)

DURACIÓN

1 hora aproximadamente.