Troula | Hakunamatata

Circo Krasnobarak

CONTIDO

Nika chega puntual, coma sempre, ó punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnobarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o paiaso, nin os irmáns trapecistas…. NON HAI NINGUÉN!, Ó rato aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior!, os animais do circo…andan perdidos pola cidade!! Haberá que saír a buscalos!

DIRIXIDO A

Todos os públicos.

MATERIAL

3 caminadores xigantes: Xirafa ( 3,30m altura x 2,5 m largo ),Rinoceronte (1,9m altura x 2,5 m largo ), Elefante ( 1,9 m altura x 2,5 m largo ), equipo de son móbil de 1000W, bicicleta, xerador de 2000W, microfonía inalámbrica, vestiario e caracterización, material necesario para levar a cabo o espectáculo.

PERSOAL

3 manipuladores de marionetas inchables xigantes | 1 zancudo “Igor, O Domador” | 1 ciclista: “Nika, A Axudante do Domador”

DURACIÓN

1 hora 20 minutos aproximadamente.