A Historia de Don Elio

CONTIDO

Espectáculo de teatro de rúa itinerante que fusiona a tradición e a maxia das marionetas xigantes, a música e a animación de rúa. Neste caso, un vello moi repunantiño, don Elio, sae á rúa rosmando, todo lle molesta, non quere festa, foi posuído por un trasno malvado que o fai actuar deste xeito… e xunto a el desfilan tres trasnos que o único que queren é paslo ben, acompañan con música de gaita cada paso que dan, todo por moletar ao vello fungón…

DIRIXIDO A

Todos os públicos.

MATERIAL

Marioneta xigante, vestiario e caracterización, material propio dos animadores (malabares, gaitas…).

PERSOAL

Marioneta xigante | 1 Trasno gaiteiro | 1 Trasno malabarista | 1 Trasno animador

DURACIÓN

1 hora aproximadamente.

'A primeira obriga de todo ser humano é ser feliz, a segunda: facer feliz aos demais'