NADAL
NADAL
¡Deixa voar a túa imaxinación!, benvido ao Nadal máis máxico!
Séquito a Rombos do Carteiro Real
CONTIDO
O séquito a Rombos do Carteiro Real chega á cidade para recoller as cartas dos nenos e nenas que aínda teñan pendente a súa entrega. O Pregoeiro do Carteiro Real, encargarase de anunciar que este é o derradeiro momento para entregar as cartas, mentres o seu séquito, engadindo ao Carteiro Real, animará, dinamizará e interactuará con todos os presentes, ao ritmo da música!
DIRIXIDO A
Público infantil
MATERIAL
Vestiario e caracterización | Instrumentos de vento (Trompeta, saxo, trombón…) | Material propio dos animadores (zancos, malabares…) | Caixa do correo móbil.
PERSOAL
8 músicos con instrumentos de vento | 4 animadores encargados de levar urna móbil | 1 carteiro real | 1 zancudo pregoeiro.
DURACIÓN
1 hora aprox.
Séquito Branco do Carteiro Real
CONTIDO
DIRIXIDO A
Público infantil
MATERIAL
Vestiario e caracterización (os traxes das fadas levan luz) | Estrutura da caixa de correos con rodas
PERSOAL
1 zancudo pregoeiro | 8 músicos (percusionistas ou charanga) | 4 fadas brancas en patíns | 1 carteiro real
DURACIÓN
1 hora aprox.
O séquito de Papá Noel
CONTIDO
Chega as vosas rúas o Papá Noel máis marchoso do mundo , cun séquito de Mamá Noeis de mil cores que non deixarán de bailar e animar cos seus patíns ao ritmo da música do nadal.
DIRIXIDO A
Público infantil
MATERIAL
Vestiario e caracterización | Patíns | Zancos | Carriño de son
PERSOAL
4 Mamá Noeis | 1 Papá Noel zancudo | 1 trasno con carriño de son | *Posibilidade de aumentar persoal
DURACIÓN
1 hora aprox.
A luz do Camiño
CONTIDO
A luz e a cor branca son as protagonistas do pasarrúas, onde ao ritmo da percusión, as fadas luminosas e unha gran bicicleta xigante, transportarán aos nenos a un mundo de fantasía.
DIRIXIDO A
Público infantil
MATERIAL
Bicicleta xigante decorada con luces e bola luminosa | material de percusión | zancos | vestiario e caracterización.
PERSOAL
2 fadas luminosas | 6 percusionistas brancos con leds | 1 zancudo en bicicleta xigante con leds
DURACIÓN
1 hora aprox.
Conto de nadal
CONTIDO
Espectáculo de teatro de rúa itinerante que fusiona a tradición e a maxia das marionetas xigantes, a música e a animación de rúa. Inspirado no clásico “Un conto de Nadal” de Charles Dickens”.
Neste caso, un vello moi repunantiño, don Elio, sae á rúa rosmando, todo lle molesta, non quere festa, non lle gusta o Nadal, foi posuído por un trasno malvado que o fai actuar deste xeito… e xunto a el desfilan tres trasnos que o único que queren é pasalo ben, acompañan con música de gaita cada paso que dan, todo por molestar ao vello fungón…
DIRIXIDO A
Público infantil
MATERIAL
Marioneta xigante | vestiario e caracterización | material propio dos animadores | carro atrezado con equipo de son de 1000 W, microfonía inalámbrica para os animadores.
PERSOAL
Marioneta xigante | 1 trasno gaiteiro | 1 trasno malabarista | 1 trasno animador.
DURACIÓN
1 hora aprox.


























