Troula | Psycho Delia Gran Pasacalles Troula Gafas

Psychodelia

CONTIDO

A festa chega á rúa!, ao ritmo da música “psicodélica”, as diferentes personaxes invitarán a todos a participar da troula. Alegría e diversión nun pasarrúas cheo de cor.

DIRIXIDO A

Todos os públicos.

MATERIAL

Tres marionetas xigantes, efectos de fume, confeti e pompas, bicicleta ornamentada con equipo de son de 1000 W, xerador, microfonía inalámbrica e bicicleta-triciclo do zancudo, material específico dos animadores (zancos, patíns…), vestiario e caracterización.

PERSOAL

3 actores – manipuladores das marionetas | 1 portador – speaker de carriño de son | 1 patinadora | 1 zancudo en bicicleta xigante

DURACIÓN

1 hora aproximadamente.

'A raza humana ten unha arma verdadeiramente eficaz: a risa.'