Queimada
CONTIDO
Cando o Sol desaparece, a noite galega cae e as estrelas se fan donas do ceo.
Na escuridade, as meigas danzan como o lume sobre o aguardente e os bruxos alzan a voz con sabias e antigas palabras feitas conxuro para liberar aos seres de todo embruxamento.
Espectáculo coa esencia do noso, que te levará ao máis aló a través do lume, a pirotecnia, a danza e a palabra.
DIRIXIDA A
Todos os públicos.
MATERIAL
Equipo de son de 1.000W, máquina de fume, pirotecnia menor (chispeiros e surtidores), ingredientes para a queimada (6 l de augardente, café, azucre…), atrezzo (mesas, perolas de barro, cubos, lume…), vestiario e caracterización.
PERSOAL
O Bruxo | 1 Meiga | 1 Técnico
DURACIÓN
20-25 minutos aproximadamente.



















