Troula | Subumbra

Subumbra

CONTIDO

Baux, personaxe zancudo que guía entre as sombras aos seus súbditos. Blame, dende seu trono, xera o ambiente de caos a través da percusión e seus temas de estilo hardcore. Dous seres da escuridade “lobishome” e “Nosferatu”, con ansias de apoderarse das almas que invaden seu espazo, percorren os camiños encadeados. Rex e Xuno pechan esta comitiva das sombras, achegando faíscas, luz e lume ao percorrido.

DIRIXIDO A

Todos os públicos.

MATERIAL

Estrutura ornamentada de 3m de altura con set de percusión, 
1800 W de amplificación, 
pequena pirotecnia (carretillas, bengalas, chafarices)
Material específico dos animadores (zancos, fachos, agua de lume…), vestiario e caracterización.

PERSOAL

1 zancudo – Mestre de cerimonias. É o persoaxe que dirixe o pasarrúas | Catro personaxes de a pé (Lobisome e Nosferatu que van encadeados o carro,  dúas personaxes que van manexando a pirotecnia e dirixindo o carro) | 1 percusionista que vai manexando o pasarrúas montado no carro.

DURACIÓN

1 hora aproximadamente.