Hexagonum

CONTIDO

Nacemento, creación, vida, pureza… versus morte, involución, caos, consumismo, cambio climático…, toda esta problemática da evolución do mundo moderno representada a través dunha abella mestra e a súa colmea para poñer en valor a vida en comunidade e mostrar os abusos dos seres humanos na terra. Todo isto a través dunha posta en escena sorprendente: música en directo, marionetas xigantes, proxección audiovisual, pirotecnia, lume.

DIRIXIDO A

Todos os públicos.

MATERIAL

Estrutura móbil: (4, 50 metros de longo , 2,42 metros de ancho, 3,50 metros alto), Equipo de son de 3000W, Equipo de iluminación led de 4000W, Pantallas Led2, 50m x 1,50m, Backline (guitarra, batería acústica, violín electrónico), Lanzachamas, 2 abellas marionetas xigantes con iluminación
led, 1 velutina marioneta xigante con iluminación led.

PERSOAL

3 Técnicos | 1 Violinista | 1 Guitarrista | 1 Batería | 2 Centinelas | 1 Velutina | 2 Abellas | 1 Abella Raíña

DURACIÓN

1 hora aproximadamente.