Errantes
CONTIDO
En noites de lúa nova a cidade vólvese escura…, orcos, trolls e animalias… seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolvéndonos no seu delirio e facéndonos partícipes da súa loucura, lévannos a unha peregrinación eterna transportando no seu carro a maior das súas demencias: O ORLOK.
DIRIXIDO A
Todos os públicos.
MATERIAL
Carro con gaiola e iluminación integrada, bengalas, instrumentos de percusión, máquina de fume, material específico dos animadores (zancos, fachos, auga de lume…) vestiario e caracterización.
PERSOAL
1 mestre de cerimonias (personaxe que dirixe o pasarrúas) | Orlok (personaxe que vai dentro do carro) | 1 power-skip escupelume (zancudo de rebote) | 6 percusionistas.
DURACIÓN
1 hora aproximadamente.





























