Subumbra
CONTIDO
Baux, personaxe zancudo
que guía entre as sombras
aos seus súbditos.
Blame, dende seu trono, xera
o ambiente de caos a través
da percusión e seus temas de
estilo hardcore.
Dous seres da escuridade
“lobishome” e “Nosferatu”,
con ansias de apoderarse
das almas que invaden
seu espazo, percorren
os camiños encadeados.
Rex e Xuno pechan esta
comitiva das sombras,
achegando faíscas, luz
e lume ao percorrido.
DIRIXIDO A
Todos os públicos.
MATERIAL
Estrutura ornamentada de 3m de altura con set de percusión,
1800 W de amplificación,
pequena pirotecnia (carretillas, bengalas, chafarices)
Material específico dos animadores (zancos, fachos, agua de lume…), vestiario e caracterización.
PERSOAL
1 zancudo – Mestre de cerimonias. É o persoaxe que dirixe o pasarrúas | Catro personaxes de a pé (Lobisome e Nosferatu que van encadeados o carro, dúas personaxes que van manexando a pirotecnia e dirixindo o carro) | 1 percusionista que vai manexando o pasarrúas montado no carro.
DURACIÓN
1 hora aproximadamente.









